Querida xente, tendes que perdoar que leve tanto tempo sem publicar, mais ando moi liada entre tantas familias e linaxes que me traen "de cabeza", ja,ja,ja.
Sorry, people, but I was working a lot with all the families of our ancestors! it is fast crazy! So, today I want to explain something about the names, very interesting and curious!
Hai moito tempo que andaba meio "escamada" (desconfiada) pelas referencias que se fan nas versions de certas casas, sobor de todo, da linaxe dos GASCOS, que aparecen tendo a sua orixe na Casa de RIBA DOURO, que evidentemente descende directamente da Casa de Coimbra. O nome de GASCO tem a sua orixe na GASCUÑA, ou ben, segundo versions, na VASCONIA, é dicir, o País Vasco, tanto do lado español coma do lado francés; un territorio que pertenceu ao reino visigodo de Toulouse(en versións, Tolosa), que se transformou no reino de Aquitania.
É moi interesante observalo cambio do nome VASCO=GASCO ou viceversa, producíndose este cambio ao longo do século X, ainda que permanecendo o de GASCO nas referencias documentaes de orixe galaicoportugués. É dicir, que temos unha evolución lingüística entre a V e a G. Este dato é importante á hora de facelo estudo, pois descobrimos que se "brincaba" cos nomes, ainda que se temos en conta que os nomes de persoaxes condeados por traizón non se podían mencionar, entón pódese comprender mellor que certos nomes aparezan referenciados dun xeito ou ben de outro. A partir dese momento, decatámonos de que, en moitas ocasións, cando aparece o nome de VASCO viña sendo o de GASCO, mais coma nas líneas da linaxe dos GASCOS de Riba Douro aparece o nome de EGÁS, entón descobrimos que, cando aparece un Vasco podería ser un Egás.
A partir desta observación, escomenzamos a desconfiar de outros nomes e tamén a observala orixe das referencias documentaes, pois algumas proceden de mosteiros galaicoportucalenses. Nesas referencias aparecen nomes que amosan ser "alcumes" que encobren o nome verdadeiro, e sí, atopámolos, e tamén comprobámolo. Temos o caso de TRUTUSENDO, noutras versions, TROITOSENDO, e ao facelo seguimento, descobrimos que o nome real é MEM ou ben NUNO. A variante entre MEM ou NUNO, que tamén aparesce como MUNIO, posiblemente se deva a esa evolución lingüística citada, mais o certo é que, segundo a versión, os persoaxes aparescen referenciados dun xeito ou ben doutro.
As "pistas" amósanse entreveradas, non direitamente, mais sím dun xeito que non deixa dúbida, ao facelo desenvolvemento e comparalas linaxes. En ocasións, tamén se atopa un nome, referenciado coa sua variante, tal é o caso dos FROILA, que aparescen como VEILLA ou VELA. Neste caso, por exemplo, atopamos unha linaxe que escomenza nun VELA de GALIZA, coincidindo co conde Froila-Veilla-Vela González, fillo do derradeiro conde de Coimbra, Gonzalo Menéndez, da Casa de Riba Douro, aló pola segunda metade do século X. Ao facelo desenvolvemento, atopámonos cun Trutusendo, pai dun Guterres, coincidindo co Nuno Velaz da Galiza e o seu fillo Gutierre ou Gutier, cuia linaxe chega a seres unha casa forte na época do rei Alfonso VI de Castela e León, sendo referenciada coma se fose a herdeira da Casa de Asturias.
Mais tamén atopámonos ese mesmo nome de Troitosendo ou Trutusendo nas linaxes de Baiâo, aparescendo un GOIDO, en versión GUEDO, como pai dun Trutusendo ou Troitosendo, e logo noutras versións posteriores atopámonos cun GUEDO e un MEM.About the names of some persons during the Xth. Century: Nuno or Mem, and also Trutusendo or Troitosendo, Gasco or Vasco or Egás, Guedo or Goido, Froila or Veilla or Vela, and such changes we must have them in present when we are working with all these families! We must think that it was prohibited to write or pronounce the name of those persons where considered as traitors to the Castillien and León Kingdom!
Isto é todo por hoxe, déixovos con algo relaxante mentres pensades sobor destas palabras. Unha pequena presentación sobor de Bragança, ¡a grande esquecida nos ámbitos turísticos, mais fermosa e chea de moita historia! Saúdos.
Well, it is enough for today, relax and have a nice time!I say bye with this short and relaxing video about Braganza, a very special and beautiful place!
ainda que levaba tempo sen dar noticias, eiquí amoso un capítulo das novas entregas, esperando que disfrutedes delas
ResponderEliminar