viernes, 12 de julio de 2013

A CASA DE COIMBRA: linaxes descendentes:A MAIA


AIII
SX(866-910)
Hermes= Hermenexildo : CASA DE COIMBRA
Roman
OII
(910924)
Gutier
Gutier


MAIA

Rdgo

RII
930-950
Nuno
Froila
TRASTAMARA
Trastamiro

Zara

OIII
950-955
Glo.
Toda


Glo



BII
985-999
Mem



Mem



AV
SXI(999-1027)




Suero



FI
1037-1065




Nuno



AVI
SXII(1065-1109)




Pedro



U
(11091126)




Alfonso




Temos atopado varios nomes que non se corresponden cos nomes do persoaxe, se cadra viñan sendo alcumes polos que eran coñecidos nas bisbarras.

Se temos en conta que sempre foi costume mantida até ben entrado o século XX e que ainda existe esa costume, de referenciar persoas polo alcume da familia ou ben polo propio alcume da persoa, sobre todo no ámbito rural, entón non hai razón para non pensar que por aquelas datas, certos persoaxes foron referenciados polo alcume da sua familia.
Neste caso temos a un TRASTAMIRO, evidentemente nótase que procede do nome TRASTAMARA.

Por riba, as terras da MAIA, lindantes co condado, por aquel entón, de Porto, do que temos referencias que estaba baixo o goberno do conde Hermes Exilón III de Tude ou ben Hermenexildo Gutérres ou Gutiérres, aparecen referenciadas baixo un Trastamiro, ainda que se lle cita a este Trastamiro coma se fose fillo dun Alboazar Albocadom, señor da Máia. Este señor é referenciado como “irmán” de Zara. Eiquí xa entramos nas LENDAS. Zara, referenciada coma unha mozárabe, descendente de ARXILONA ou ERGILONA, iniciadora da Casa de Zaragoza, aparece como unha das “amantes” do rei Ramiro II de Asturias e León, co que tém descendencia.

Mais tamén sabemos que o conde Gonzalo Menéndez, fillo do conde de Celanova, Nuno Gutiérrez ou Guterres, aliouse co xefe militar Almanzor.

A partir deste punto, ….¡as elucubracións son variadas e múltiples! Mais se nos atemos ao orde de sucesión, entón teríamos que o condado de Maia estivo baixo o control do irmán de Zara e que logo pasóu estar no da Casa de Riba Douro, mais amosando CONFUSIÓN, porque diso se trataba, tendo en conta que o conde Gonzalo foi dado coma “rebelde”, segundo versions, polo rei de Asturias e León, Bermudo II, e a sua descendencia, polo tanto, condeada ao “esquecemento”, de modo que o “truco” foi usalo alcume do persoaxe coñecido a nível popular.

Tamén temos que observar dous pontos:
A.   Obsérvase que o control territorial non estivo realmente nas máns mozárabes, máis bem parece como se houbese duas xefaturas, unha a dos cristiáns, outra a dos xefes mouros e ámbalas duas em connivencia. Posiblemente rulando as xefaturas,segundo a tradición, pola orde de maior a menor segundo nascemento, mais sendo parentes.
B.   Non temos que esquecérmonos de que o territorio no que se desenvolve a linaxe da Máia, formaba parte dos chamados Condados Portucalenses, gobernados pola condesa Mumadona.

PARA TER UMA IDEA DE COMO ERA O TERRITORIO UMA PEQUENA VISION VISTA POR XENTE VIAXEIRA dende o río Douro, apreciándose ámbalas duas margens, a da Maia e a de Porto. ¡DISFRUTADE E ATE A PRÓXIMA!