domingo, 27 de octubre de 2013

In the Kingdom of the Damselflyes:¿Por qué o nome NO REINO DAS LIBÉLULAS?

Os Cabaliños do Demo son unha parte da miña "munda" dende moi pequerrecha. Ficaba fascinada coas suas cores e coa sua fraxilidade, ao mesmo tempo que aparescían de varias cores, segundo o lugar, eran para mí un misterio....¡e siguen a selo!

Mais os Cabaliños do Demo agochan tamén un mundo fermoso e, ao mesmo tempo, cruel. O mesmo que o mundo da nosa Historia, cheo de pequenas historias que agochan esa mesma fraxilidade e, ao mesmo tempo, unha crueldade inaudita, incrible, mais certa. Detrás da beleza hai unha historia, o mesmo lle pasa á nosa querida Galiza.

Por iso pensei que para amosalo meu traballo de investigación, parescido ao vó dos cabaliños do demo, que van para diante, para trás, para un lado, para outro, e sempre apoiándose em leves herbas, e sempre voando co vento ou sen ele, o nome viña "de perlas". 

Espero que sexa do vosto gosto e que me axudedes, participando, pois o caso é que ainda quedan lagoas por investigar e, mediante esta rede cibernética, penso que poderíamos facer un gran salto, cobrindo eses ocos cheos de misterio e de esquecemento e poder sacar á luz moitas historias de persoas que ficaron polo camiño, sen nome, sem pasado. Na sua honra, este blog.



Disfrutade e observade!