sábado, 17 de agosto de 2013

A CASA DE COIMBRA: os derradeiros Duxes de Galaecia-cap. 2





AIII
SX(866-910)
Hermes
Hermes
Ero



OII
(910924)
Elvira
Gutier
Ilduara



RII
930-950

Nuno
Froila



OIII
950-955

Glo.
COIMBRA



BII
985-999

Froila




AV
SXI(999-1027)







GUTIER ou GUTIERRE MENENDEZ:aparesce referenciado coma Dux no 914, e coma conde de Coimbra-Agueda-Eminio, entre o 910 e o 924, tamén coma conde de Celanova, e tamén aparece referenciado coma Princeps de Tudesia no 910 e no 924, sendo referenciado coma maordomo do rei Ordoño II de Asturias. Aparece tamén coma Señor de Salas e conde do Bierzo, partillando o goberno das terras de Caldelas co seu irmán, o conde Arias Menéndez de Miño.
Aparece no 922 coma testemuña do rei ordoño II de Asturias xunta cos Infantes Alfonso, Sancho, Ramiro e García, e tamén co seu tío Sabarico ou Savarico, bispo de Mondoñedo e Viseu, nun documento do mosteiro de Samos.
Aparece logo, recebendo terras do rei Alfonso III e do seu fillo Ordoño II, xuntamente co seu parente Lucidio Vimaranes, deixándollas aos seus fillos repsectivos, Aloito Lucidís, Froila e Munio Gutiérrez. No ano 947 é referenciado coma copropietario de terras que doa ao mosteiro de Sâo Critovâo e Sata. María de Sanguedo, em Feira, xuntamente co conde Gundesindo Eriz e a sua muller Inderquina, irmá do conde Guterre. Consta que gobernaba sobor de seis condados nos tempos do rei Alfonso IV.
ILDUARA-Ildwara-Elvira Eriz aparece referenciada coma muller do conde no 890 e no 934, aparecendo neste ano repartindo o matrimónio o seu patrimonio entre os fillos. En documento do 983 é referenciada polas doazóns que fixo ao mosteiro de Celanova como patricinadora. Tamén é referenciada como Santa e, ao enviuvar, fundou mosteiro no Val do Sorga, en Vilanova da Condesa e cedeu o mosteiro de Sta. María de Mosteiró, em Aveiro, ao abade Fraiulfo, do mosteiro de Sâo Luiâo de Souto, que no 1050 formaba parte do conde Gonzalo Viegas, aparecendo este conde no 1059 no mosteiro de Guimarâes e co goberno das terras do Nóbrega, em Ponte da Barca.
Constan coma fillos: San Rosendo, que parece selo herdeiro, Munio ou Nuno, Froila, Adosinda e Ermesinda, se lle achacan unha Elvira, unha Onega, un Rodrigo, unha Aragonta e un Aloito.

Amoso eiquí unha das versións sobor da História na época que estamos a tratar, referenciada como a época escura da Alta Edade Media, cousa coa que non somentes unha servidora, mais tamén persoas de moito recoñecido prestigio internacional, pensamos que non houbo a tal INVASÂO MUSULMANA. Temos que ter em conta que había herdeiros por parte dunha das mulleres da Casa de Coimbra, matrimoniada , segundo referencias, co rei de Exipto, mais da que descenden os reises da Casa dos Banu Qási, territorio independente de Zaragoza. Tampouco consta que a situación social fose de confrontación, mesmo había matrimónios entre xente cristiana e musulmana, polo que iso amosa unha convivéncia pacífica e tamén moito transixente coas custións relixiosas e políticas, o que sí parece que existiron foron enfrentamentos polo Poder de Goberno en tódolo território peninsular entre os persoaxes das familias emparentadas, cousa que se pode observar a partir do reino de Witiza. Confrontacións cum "motivo" como se pasa em moitas familias, ¡as terras, propiedade importante para se manter, non somentes na supervivéncia, mais tamén nun Poder Económico, que permitía mantela independéncia dos reises! E ise motivo, máis que suficiente para facela guerra, ainda hoxe é causa de mortes no "máis profundo" da nosa terra, indicador de que NÂO HOUBO EVOLUCION DO SER HUMANO, en moitos séculos, xa que estamos en pleno século XXI, e istas custións marcaron o devenir da história ao longo de miles de anos. o meu desexo, com este traballo, é que a xente adeprenda a convivir en paz, e que nn lle dea valor ás propiedades, a fin de contas é terra que permanece logo de que nós deixemos de viver, convirtíndonos tamén en pó.


No hay comentarios:

Publicar un comentario