miércoles, 12 de septiembre de 2012

As Tebras de Turoquia . Capítulo 2: Das Casas Nobles de Gallaecia

Segundo a teoría dalgúns historiadores, aténdonos á lei romana de sucesión, segundo a cal, o fillo primoxénito dunha casa herdaba a xefatura do patrimonio territorial, poderíamos pensar que as terras herdadas polo emperador Teodosio I de Roma pertencían a aquel primitivo pobo celta protohistórico, os Turdulii Vetere, e que o seu fillo Honorio alugóullas aos suevos, convertíndose entón no reino independente de Gallaecia, coa primeira capital en Tude ou Tui, que formóu parte dun Señorío Real, o que viña sendo Patrimonio Territorial e Familiar do Rei.
De ser certo, estaríamos a falar dunhas terras que se mantiveron baixo o control e goberno dos descendentes daqueles primitivos Turdulii ou Turdii, e que aparecen baixo o control da Casa de Coimbra ao longo do séculos VII-VIII-IX, sendo referenciado coma xefe o rei Witiza, uns dos derradeiros reises de Hispania, que asentóu a capital do seu reino, novamente en Tude ou Tui. O seu fillo, Achila ou Agila II, ao terse que desplazar a outras terras, deixóu ao cárrego do territorio da Gallaecia aos seus parentes da Casa de Coimbra, aparecendo na segunda metade do século VIII como xefe desta casa o conde Flavio Theudo ou Teodosio, tamén referenciado coma "o conde dos cristiáns" en Coimbra, sucedéndolle un Hermes Egilón II, quen deixa herdeiro ao seu suposto fillo Gutierre e éste ao seu fillo, o conde Hermenegildo Gutiérrez, tamén referenciado coma conde de Tui e Porto, a finaes do século IX, e tamén citado coma Hermes Egilón III de Tude, cos títulos que aparecen sucesivamente nestes herdeiros, os antigos romanos de Rex, Comtes, e Princeps.
Tal e coma dí a cantiga, ¡¡¡semear!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario