miércoles, 12 de septiembre de 2012

Ágora. Película. Capítulo 1: das Casas Nobles de Gallaecia

A película AGORA sitúanos nunha época: o reinado de Teodosio I de Roma. ¿Quén era este emperador?
Primeiro temos que situarnos no Tempo: segunda metade do século IV da nosa Era Cristián.
Se se quere saber un pouco máis sobor daquela época, na nosa literatura temos unha fermosa e interesante novela de Mª Xosé Queizán, " Amantia".
Por aquel entón, a xuventude das clases "privilexiadas" pasaban un tempo estudiando entre Alexandría e Constantinopla (actual Estambul). Xurde a primeira Guía de Viaxes, escrita pola moza Exeria, que foi publicada polo bispo de Dume- Dumio-, San Martinho, como "Peregrinación ás Terras Santas". Un dos xovens que marchóu dende terras galaicas para ampliar estudios, foi Prisciliano, quen, ao retornar, amosóu unha teoría filosófica de grande impacto social, sendo condeado á fogueira como "herexe" pola Igrexa de Roma.
Teodosio I de Roma viña sendo fillo dun oficial militar que destacóu ao servizo de Roma, Segundo versión, o militar Flavio Honorio Teodoro ou Teodosio era "COMTE" da Gallaecia, emparentado co emperador Constantino I. Ao parecer, casara cunha princesa ou filla do pobo Franco. Teodosio viña sendo, pois, descendente dos Francos e dos Galaicos.
Seguindo a tradición, adicóuse ao servizo militar. Casara cunha moza descendente dunha das familias "patricias" máis antigas da Península, os AELIO, que datan xa do século III antes da nosa Era, referenciada como Aelia Flacilla, coa que tivo dous fillos herdeiros, Arcadio e Honorio.
Na antiga Roma, as familias Patricias eran as máis antigas e, por tanto, as máis ricas, distinguíndose das familias "Plebeias", que nin eran tan ricas nin vellas. O sistema de goberno baseábase no Senado, unha especie de reunión dos xefes de cada casa, polo que os "patricios" tiñan máis forza que os "plebeios" cando había que tomar decisións de goberno.
Teodosio aparece como viuvo da sua primeira muller cando, cáseque por obriga, casóu coa filla primoxénita do emperador Valentiniano I, Gala. Segundo se deixa entrever polas referencias, Gala asemellábase a unha nena consentida, "pija", somentes interesada polas cousas superficiaes, mais evidentemente, nunha época na que se precisaba de mulleres "todoterreno", non debía ter moitos pretendentes!
Por aquel entón, na Península o ambiente político estaba feito un caos. Algúns militares intituláronse reises, aproveitando que Roma estaba gobernada polo fillo do emperador, referenciado como Valente, moi xoven e inexperto, que ficou ao coidado de Teodosio, nomeado seu tutor. Durante o seu reinado, Roma acordou unha alianza co Clan dos Godos, os Amalos, veciños do pobo materno de Teodosio.
Ao morrer Valente e Valentianiano, foi nomeado emperador o referenciado Teodosio, quen, á sua morte, deixou repartido o Imperio en duas partes, a de Occidente, con capital en Roma para o seu fillo Honorio, e a de Oriente, con capital en Constantinopla para o seu fillo Arcadio. Eiquí escomenzóu o desmoronamento do poder romano, iniciándose a entrada nunha nova época, a Edade Media.

No hay comentarios:

Publicar un comentario