jueves, 18 de abril de 2013

A CASA DE COIMBRA, capítulo 1

A Casa de Coimbra aparece referenciada no reino de Swintila, fillo do rei Recaredo e neto de Leovixildo, rei de Hispania, na sua muller Teodora de Coimbra, entre os anos 621 e 631. Ambolos dous son referenciados como os pais de Flavia Juliana, casada co conde Ardobastro ou Ardobasto, referenciado como fillo de Atanaxildo, neto de San Hermenexildo e bisneto da mítica raíña Brunilda e do rei Sigeberto ou Sigfried, protagonistas dunha historia que aparece como base para a obra mítica do Cantar dos Nibelungos (autor Wagner).
Tamén aparecen como pais de Helena, casada co dux de Lusitania, Flavio Teodosio, e que son referenciados como pais de Hermes Egilón I de Tude, aparecendo éste como Princeps de Tudesia ou Tudosia ( Murguia fai referencia aos escritos deixados polo bispo de Dume, Idacio ou Hidacio ). Este Hermes Egilón I de Tude aparece como xefe da Casa de Coimbra e como cuñado do rei Wamba, sendo o pai do rei electo Exica e avó do rei Witiza.

Se facemos investigacións sobor do nome de TUDOSIA, atoparemos que, antigamente, foi o nome dunha rexión de Hungría, de onde procedía o bispo de Dume ou Dumio, Hidacio. 
Tendo en conta as referencias sobor dos reinos que aparecen pola época, como o de Austrasia, territorio gobernado polo rei Sigfrido ou Segiberto, e o de Neustrasia, gobernado polo seu irmán, entón podemos deducir que o de TUDESIA, viña sendo un territorio considerado como Patrimonio Real, é decir, terras que pertencían a un rei, e o Hermes Egilón I de TUDE, viña sendo referenciado tamén como Rex de Gallaecia e Commes, cargo que viña de antigo, da época romana, no que siñificaba "representante do Emperador". Estes cargos eran dados polo propio emperador e se transmitían de pais a fillos por xeracións.

Neto deste Hermes Egilón I de Tude foi o rei Witiza, que cambeou a capital do reino de Hispania, ubicada en Toledo, para onde vivía, Tude, actualmente Tui ou Tuy, convertíndose esta antiga estadía grega en capital do reino de Hispania a comenzos do século VIII.

Documentário: Conímbriga, Cidade Escondida





No hay comentarios:

Publicar un comentario