lunes, 22 de abril de 2013

A CASA DE COIMBRA, capítulo 2

Ao longo do século VII a vida social da Península desenvolveuse na Corte, constando Toledo como a sede do rei Egica, fillo de Hermes Egilón I de Tude. Alí era onde se celebraban as reunións, "concilios", presididos até a segunda metade do século polo Primado San Isidoro. 
Segundo consta en estudos feitos da época, as familias das Casas Nobles vivían na Corte, pois era onde se dictaban as leises, se levaba a administración e goberno e tamén era o lugar dende onde se declaraba a guerra.
Ao parecer, nunha desas reunións, houbo unha disputa entre parentes, mebros da Casa do Rei Egica, resultando morto o pai de Pelaio, nunha pelexa entre o xoven príncipe herdeiro, Witiza, e o pai do futuro rei de Asturias, o dux Favila de Cantabria. A sentencia de Egica foi expulsalos a todos da Corte, ordeando ao seu fillo  que marchara para Galicia e ao dux da Bética, Teodofredo e o seu fillo, o capitán Rodrigo, parentes da sua repudiada muller Cigilona, tamén ordeulles voltar para o seu territorio. Mais a familia materna do príncipe declarou abertamente a guerra ao rei Egica. 
Como resultado deses enfrentamentos, morreron o rei e o seu parente, o dux da Bética, sendo entón coroado rei de Hispania, o xoven Witiza, que non tivo máis remedio que continuala loita declarada polo estreado dux Rodrigo.
No entanto, Witiza trocóu a sede do reino, pasando Tui ou Tuy, daquela Tude ou Tute, a sela capital de Hispania.
Segundo se conta, Witiza nomeou xefe da Casa de Coimbra a un sobriño seu, Sisnando, ainda que aparece, en versión, coma fillo. Tamén aparece, noutra versión, un Sisebuto.
En recentes estudos, aparece un Sisinand Balthes, coma fillo de Flavio Sisebuto, e irmán dun Atulpho, rei de Galaecia e unha Teodora.
Se contrastamos as versións, temos a un Flavio Sisebuto, referenciado xuiz de Coimbra, pai dun Flavio Ataulfo, herdeiro do cargo do pai, tamén aparece como Atulfo de Coimbra, ao que lle sucede un Flavio Atanarico e a éste Flavio Teudo- Teucro-Teodosio de Coimbra.
Ao morre o capitán Rodrigo, o xoven Pelaio, capitán do defunto, casado con Gaudilona-Geodosia ou Gaudiosa, referenciada como filla do rei de Galicia, xunto ao resto da Nobleza que estaba ao seu favor, institui o reino de Asturias. A Witiza, que tamén morre en batalla, lle sucede o seu fillo Agila II, ainda que tamén aparecen nomeados outros reises nun corto período de tempo. Agila pide axuda aos seus parentes do Imperio Romano de Oriente. Iniciouse así o chamado "Período da Reconquista".

No hay comentarios:

Publicar un comentario