lunes, 22 de abril de 2013

A CASA DE COIMBRA, capítulo 4

A Casa de Coimbra comenzóu ser referenciada ao longo dos séculos VIII e IX xunto aos reises de Asturias, casando algúns coas fillas desta Casa.
Neste período de tempo sucedéronse encontros bélicos encarnizados entre as tropas do reino de Asturias e as dos reinos árabes, que foron ocupando tódolo territorio do dux Rodrigo, a Bética, e tamén a Lusitania, estando a zona fronteiriza por debaixo do río Mondego, presidido por Erminio ou Coimbra, no territorio que aparece coma Egitania, e sendo referenciado coma ponto de delimitación da zona de guerra o mosteiro de Lorvâo.

Sobor do 770, segundo documentación do citado mosteiro, o conde Flavio Theudo-Teodosio-Teucro, referenciado coma o "Conde dos Cristiáns de Coimbra" fai doazón de propiedades ao mosteiro.
Xa entre o 820 e 830, aparece o conde Teudane, liderando un grupo de nobles en contra do rei Alfonso II de Asturias, ao que encerran no mosteiro de Samos.
Poucos anos despois, aparece o conde Pedro Théon defendendo as costas galegas dos ataques vikingos. O seu fillo Hermenexildo Pérez, é referenciado gobernando as Terras entre o Tambre e o Cambre, mais tamén negándose aos plans do xefe da Casa de Coimbra, Hermenexildo Gutiérrez, que anexionou as terras de Porto ao reino de Asturias, logo de que Vimara Pérez, conde da casa de Braga, fixera o mesmo. Hermenexildo Pérez foi acusado de traizón, desaparecendo todo rastro dele, e o seu territorio pasou estar baixo o goberno do irmán do conde Hermenexildo Gutiérrez, Aloito.

Do conde Hermenexildo Gutiérrez, dícese que descendía directamente do conde Flavio Teudo ou Teodosio, quen viña sendo neto do rei Witiza en 3º grado, sendo referenciado coma fillo de Flavio Ataulfo de Coimbra, referenciado coma xuiz, herdando o cargo que xa ocuparan o seu pai e o seu avó, Sisnando ou Sisebuto.

(RESUMO XENEALÓXICO NO CAP. 3)

Coa xefatura da Casa de Coimbra no conde Hermenexildo Gutiérrez, tamén referenciado coma Rex, Princeps, e Commes, e coma Hermes Egilón III de Tude, escomenza o século X.
As referencias sobor desta casa continúan ao longo deste século, ainda que desaparecen alguns títulos, coma o de Rex e o de Princeps, éste con San Rosendo. 
De Hermenexildo Gutiérrez, a xefatura de Coimbra pasa ao seu fillo Arias Méndez, sendo herdado logo polo sobriño, Froila Gutiérrez, tamén referenciado coma conde de Trastamara, e pasa a xefatura ao seu sobriño, Gonzalo Menéndez, xefe da Casa de Riba Douro, fillo do conde Nuno Gutiérrez de Celanova, casado coa condesa Toda Froilaz, filla de Froila Gutiérrez, referenciada a finaes do século coma Condesa de Portucale.
Aparecen alguns persoaxes, coma o conde Rodrigo, seu fillo Paio ou Pelaio e a filla deste, Godina, referenciados como descendentes da Casa de Coimbra, e xa entrado o século XI aparece unha María Vázquez de Coimbra, referenciada como a iniciadora das linaxes VELLO, REDONDO e BRAVO.
A partir deste momento desaparecen as referencias sobor da Casa de Coimbra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario