domingo, 30 de junio de 2013

EL ABSOLUTISMO DE LA SINRAZÓN: contra vento e maré

Ainda que a xente galega nos levamos a palma sobor da RETRANCA e longos etcéteraas, que ainda están por demostrar, tamén é certo que hai xente que, en canto consigue un estatus no "rol" nobiliário, pensa que xa se pode comportar coma um auténtico "imbécil", ou ben "idiota", porque máis bem parécese a reacción de quen consigue títulos e rexeita de dala información para continualo percuso das investigacións das persoas que nâo temos máis interese que o de acadar co misterio, pois simplesmentes facemos un traballo de investigación que debe ser translúcido, é dicir, transparente e para todo o mundo, e porque a xente se merece saber das suas ORIXENS, sexan bastardos ou fillos naturaes, sexan descendentes da Casa, sen ser fillos naturaes, Mais, ao parecer, hai quen pensa que cedela información é coma se abrise as portas da sua "intimidade" ¡qué risa! ¡Nâo podemos falar de "intimidade" cando estamos a tratar da nosa História! Porque a História é nosa, e temos dereito á información que algumas persoas están emperradas en non dar, coma se fose própia, cando nâo é dise xeito, porque esa información pertence a tódolo mundo.
Os tempos do "Absolutismo" remataron coa "revolución industrial", ¡hai xa dous séculos atrás!, e por moito que a ARISTOCRACIA se emperre, escomenzouse un Tempo Das Luces, deixando atrás O das Somas.
Contra vento e maré, seguiréi a publicalo meu traballo, e contra vento e maré, ¡que vaian ao carallo! quenes pensan que poden manter em segredo cousas que pertencen ao pobo, porque o pobo foi quen traballóu, quen deixóu o seu sangue e suor para que uns poucos Señores fixeran ou construiran a "súa história", e contra vento e maré seguiréi nadando, pois adeprendín a facelo no Océano, nâo nunha lagoa, pantano ou río, e quen sabe diso tamén sabe que a xente da costa atlántica é teimuda e seguirá facendo o que pensa, baixo os seus principios moráes e tamén éticos, pese a quen lle pese.

COMA RESULTAS DA MIÑA INTERVENCIÓN SOBOR DOS GERREIROS CELTAS EN BOTICAS, UM PEQUENO AGARIMO, que sigue ao vídeo das TEBRAS DE TUROQUIA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario