domingo, 30 de junio de 2013

LA CASA DE COIMBRA-cap. 7-final

O goberno da Casa de Coimbra, que estaba nas mâos do conde Arias Méndez ou Menéndez, tamén referenciado coma conde de Miño e de Saavedra, herdouno o seu sobriño Froila Gutiérrez, e a filla deste , a condesa Toda Froilaz, casada co conde Gonzalo Menéndez, quen viña sendo primo carnal seu, consta como a derradeira condesa de Portucale, sendo o seu fiel servidor até a sua morte, o conde Menendo González ou Gonçalves, quen sucede coma rexente do rei Alfonso V e a sua filla Elvira, coma Rex de Galicia.
Segundo consta en referencias documentaes, o conde MEM ( Munio )Glez. aparece coma conde de Portucale e benefactor do mosteiro de Lorvâo e tre os anos 985 e 988.
Aparece logo o conde Menendo González, neto da condesa Mumadona, referenciada coma gobernadora do territorio entre Douro e Miño, nomeando seu sucesor ao seu fillo Gonzalo Méndez, enfrontado co seu parente, o conde Gonzalo Menéndez, casado coa condesa Toda Froilaz. Ambolos dous morreron en batalla.
Entre os anos 985 e 1014 aparece referenciado coma gobernador do Condado Portucalense o conde Menendo Lucidís.
Aloito Núñez, casado cunha Gontiña, sen máis referencias, aparece referenciado coma sucesor do conde Menendo González ou Gonçálves no goberno do Condado Portucalense, coma confirmante de documentacións no 985 e coma defensor do Castelo de Vermoim entre 1015 e 1016.
Nuno Aloitez, casado cunha Ilduara (= Elvira) Menéndez, figura coma confirmante do rei Alfonso V de Asturias e León no ano 1025, xunto co seu fillo Menendo Núñez, referenciado coma gobernador do Condado de Portucale, sucedéndolle o seu fillo Nuno Mendes, casado cunha Gonciña, e citado coma o derradeiro gobernador de Portucale.
A partir destas datas, o goberno aparece nas mans do rei Alfonso VI, deixando o Condado de Portucale á sua filla Teresa, filla da condesa Ximena Muñoz ou Muñiz. O fillo de Teresa, dom Alfonso Enriquez será o primeiro rei de Portugal coma Alfonso I.

Se nos fixamos un pouco na orde de sucesión, confírmase que se mantiña a orde segundo se viña facendo dende os tempos do Imperio Romano.
Por outra banda, o feito de que os reises de Asturias mantivesen sempre unha relación coas mulleres da Casa de Coimbra amosa, evidentemente, non somentes que poderían ser moi meiguiñas e que enguedellasen aos rapaces, mais tamén podería ser que, polo meio, existirán “intereses políticos”, pois evidentemente, o territorio da antiga Galaecia sueva mantívose no seu “status” independente, e a proba témola, precisamente, nas referencias sobor dos territorios nomeados, ao longo do século IX, coma TERRAS PORTUCALENSES, logo, ao longo do século X coma CONDADOS PORTUCALENSES e a finaes deste século e comenzos do século XI aparecen xa coma CONDADO DE PORTUCALE.
No seu tratado sobor das raiñas de España -tomo 1- o historiador P. Enrique Florez fala sobor da condesa Ximena Muñoz ou Muñiz como “confidente” do rei Alfonso VI e responde a outros historiadores sobor dos “conceptos” das relacións que se mantiñan na época. A sua resposta coincide coas teorías de Vasconcelis, sobor do termo “amiga”, evidentemente con dereito a “roce”, é dicir, mantíñanse relacións sexuaes, mais que non era o mesmo nível que unha “concubina” ou variantes. ¡En resumo, a “amiga” era libre, independente e considerada ao mesmo nível que o seu “amigo” en termos de “igualdade de dereitos e obrigas”, e respeitada como “dona de séu”!
Se nos atemos a este condicionante, entón teríamola a herdeira real, dentro da orde de sucesión na xefatura da Casa de Coimbra, Teresa de Portucale, descendente posiblemente dun Mendo Arias, referenciado como fillo do conde Arias Méndez, segundo a relación da Casa dos Arias de Saavedra, a casa que gobernóu o condado da Limia ao longo dos séculos XI e XII, e referenciados coma descendentes do conde Suero, parente de San Isidoro de Sevilla- s.VII- e que receberon o goberno do neto de Hermenexildo Gutiérrez, o frade San Rosendo, derradeiro Princeps de Tude; e segundo a costume e tradición, o home da herdeira era quen obtiña os títulos e o goberno, polo que o rei Alfonso VI, que non era parvo nen tampouco persoa sen ambicións, soubo ben do que facía cando deixóu como herdeira do territorio portucalense á súa filla Teresa.
Mais logo de Teresa, a pregunta é ¿a quén lle correspondía o goberno, logo do seu fillo Alfonso? Porque segundo se observa, o goberno pasaba de pais a fillos ou de nais aos fillos, mais de seguido, tratándose dunha muller, o goberno das casas pasaba aos descendentes masculinos directos e pola orde de edade, e ¡velaí, pérdese a pista ao derradeiro conde, Nuno Mendes! E, por riba, temos varias líneas a seguir. Entre os séculos XI e XII aparece, en Tude, un persoaxe, referenciado coma “hebreo”, un tal Pero Mendes, mais pouco se sabe. Nas linaxes da Limia tampouco se atopa moita claridade, ¡tódolo contrario!, ainda que faise notorio que se referencie a unha das líneas desta casa, os “Pancenteno”, herdeiros do territorio do antigo señorío do Deza, con protagonismo entre os séculos XII e XIII, pelas suas reivindicacións sobor dos territorios que tiña o mosteiro de Melón.
O certo é que o sistema “hereditario de pais a fillos” estabeleceuse na Baixa Edade Media e, ainda que nos territórios da vella Gallaethia se mantivesen as tradicións nas familias, o certo é que as vellas casas difumináronse nas treboadas do Tempo, cobríndose de misterio e tamén esquecemento.

AIII
SX(866-910)
Hermes =Hermenexildo
Vimara

Alfonso
Fdo.

OII
(910924)
Arias
Gutier
Lucidio

Glo.
Diego

RII
930-950
Mendo
Froila
Nuno
Aloito
Hermenexildo
Mumadona
Menendo
OIII
950-955

Toda
Glo.
Nuno
Lucidio
Glo
Rdgo.
BII
985-999


Mem-1
Aloito-3
Menendo-4
Menendo-2
Gutier
AV
SXI(999-1027)



Nuno-5
Nuno
Elvira-raiña
Rdgo.
FI
1037-1065



Nuno-6

Sancha

Munio
AVI
SXII(1065-1109)



Nuno-7



Jimena
U
(11091126) T







Teresa
AVII
(11261157) AI

REINO DE PORTUGAL
AI
FII
(11571188) SI
Se nos fixamos na orde de sucesión no goberno do territorio portucalense, cos números, segundo aparecen referenciados os sucesivos gobernadores, podémonos facer unha idea do resto, ¡sobran palabras!
AIX
SXIII(11881230

No hay comentarios:

Publicar un comentario