martes, 21 de agosto de 2012

our past/o noso pasado

ainda hai moitos datos por confirmar, é certo, mais tamén hai cousas que responden a unha lóxica.

moitos centos e anos atrás existíu un pobo, os Turdulii Vetere, tamén chamados Turdii. Se facemos un desenvolvemento, pola lóxica da evolución lingüística, o R perdeuse co tempo, polo que ficaría Tudi.

tamén pola lóxica, o asentamento dos gregos, na sua rota cara ó norde, estaría perto ou mesmo na costa ou ben río arriba, polo que tería de ser un río navegable, neste caso o actual Tui era un ponto até o que podería achegarse navegando dende o océano.
Baseándonos nas tradicións descritas daquela época, moi posiblemente os gregos mantiveron relacións coas poboacións indíxenas, firmando os seus  acordos cun enlace matrimonial, e posiblemente ficóu a familia resultante ao goberno do territorio.

Polos resultados obtidos das investigacions feitas nalguns "castros" que datan xa da época na que Roma escomenzóu a sua conquista da Península, á que chamaron Iberia, sabemos que alguns deles non foron destruidos, simplesmentes ocupados.
Tamén sabemos que Roma tiña unha lei, pola que os fillos herdeiros de terras e as suas familias, permanecían tendo os dereitos de posesión até a sexta xeración, con tódolos compromisos acordados polos seus primoxénitos, e prevalecía a herdanza entre pai e fillo varón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario