martes, 14 de agosto de 2012

Sobor dos meus antepasados: os Iohannis de Trasancos

Fai un montón de anos, o profesor don Gonzalo Torrente Ballester, nunha inesquecible serán na sua casa de Nigrán, contoume a historia dos meus antepasados, os Iohannis de Trasancos. Quedéi moi alelada, pois até entón ninguén na casa lle daba crédito á miña nai cando contaba cousas da sua familia.
Tardéi moito tempo en asimilar a miña procedencia, sobor de todo, porque estabamos nos anos 70 do século pasado, e , baixo o réxime franquista, levalo o nome de Seoane siñificaba perigo, ainda que non se tivese relación co "roxo" Luis Seoane, exiliado político, artista polifacético.
Por riba, Seoane tíñase coma un nome de orixe xudea.

Logo do serán con don Gonzalo, escomencéi receber mensaxes, o primeiro foi dun profesor da universidade que me dixo que vira o meu nome nas "listas negras", ¡non tiña idea de que esistira iso! Comprendín entón moitas cousas que me estaban a pasar. Amolada, desexaba xa marchar fora dun ambiente tan sofocante, e aproveitei a oportunidade que se me apresentou cando me ofreceron traballo coma profesora interina nun instituto de Inglaterra.
Máis tarde, cando voltei ao fin do curso, non daba acougado e, logo dun tempo traballando no sector da pedra, marchéi a percorrelo noso continente, chegando até Berlín. Aló coñecín un vello pintor xudeo que quedou sorprendido co meu xeito de tocala laúde, perguntandome se eu era xudea, entón lle comentei que, segundo me contaran, o apelido materno era hebreo, é dicir, descendía dos chamados "marranos", do povo sefardita. Riuse, apalpoume a cabeza e me dixo que sí, era hebrea, pero non sionista, e contoume a historia dos sefarditas. Dende entón adiqueime a coñecela cultura hebrea, e sí, moitas tradicions familiares coincidían.
Foi entón cando despertéi realmente "ao noso mundo", era descendente de hebreos, ainda que os meus veciños turcos dixeron que non, que éu era otomana, con tantas opinions e criterios non tiña a cousa clara, polo que escomencéi a lér sobor do tema; fíxenme socia da biblioteca hispanoportuguesa que, según din, é a máis grande do mundo, a Iberoamerikanische Biblioteck, que está  xusto de frente do National Galery, ao carón do Tiergarten Park, e aló tiven a oportunidade de falar con investigadores e profesores, encantados de poderes ter unha conversa cunha galega auténtica e, de paso, poderes practicalo seu español ou galegoportugués.
Pero era un tema persoal, polo que pasaba moito de historia e demais, até que cheguéi á Tui, asentando o cú xa definitivamente ou con esa idea! e chegaron tamén os anos máis amargos da miña vida, compensados por sentirme realmente unha privilexiada ao poderes disfrutar, coma se fose unha raíña, da beleza e da riqueza desta comarca. Máis que nada, porque primeiro fiquei arruinada traballando para entidades oficiaes, a miña profesionalidade viuse mermada coas maledicencias de quenes desexaban quedar co control do que estaba a facer, e finalmente fiquei sen traballo, porque as empresas preferían homes a mulleres para viaxar ao estranxeiro, tal e coma me dixo un empresario "¡non vamos levar a unha muller cando vamos de putas e necesitamos axuda para traducir!"
Sí, desexaba voltar ao meu país de acollida, Alemaña, concretamente a Berlín, pero tomara unha decisión moi importante, e achantéi!
Uns anos despois, xa recuperada de tódalas cousas que pasan cando eres emigrante retornada e  voltas dun país máis adiantado que o noso, retoméi a actividade coma guía. Foi cando coñecín ao grupiño de profesores que me recomendaron escreber sobor da historia de Tui.
Escomencéi por revisalos meus coñecementos de Historia e rematéi por meterme nun estudo que ainda continúa, pero que me deu moitas alegrías e satisfaccións, entre outras o poderes participar nun Coloquio Internacional sobor dos Guerreiros Celtas, nun pequeno pobo, en Portugal, perto de Chaves, Boticas.
Foi entón cando me enteréi de que hai unha víbora autóctona, que leva o nome dos meus antepasados, Seoane, e curiosamente, na astroloxía china o meu ascendente é a serpe!



A miña concienciación sociopolítica viu de parte dalguns profesores e profesoras cando estudiaba Bacharelato no Instituo Valle Inclán de Pontevedra e logo c@s compañeir@s da Sección de Filoloxía do C:U.VI, ainda estaba Antón Reixas por aló, e unha filla de María do Carmo Kruckemberg, Cristina, e tamén María Xosé Queixán. Eran os finaes dos anos 70, escomenzábamos A DEMOCRACIA!!!
Como éu falaba español, os meus colegas decidiron non falarme mentres non adeprendese á miña lingua materna! Tardei tres meses en poñerme ao día, coa axuda da miña nai, que cresceu cunha prohibición na casa, "absolutamente prohibido o galego", ainda que os meus avós falaban entre eles e coa xente en galego! Meu avó viña sendo primo de Luis Seoane, e logo comprendín a razón de tal prohibición, ¡estaba clara!.
Pero falar en español non nos quitaba das "listas negras"! e pior ainda cando, anos despois, souben que o que tiña de seguila tradición de adicarse á vida relixiosa, meu tío avó Andrés, decidiu desparecer do mapa, polo que houbo reunión urxente de curas e familia. Ninguén sabe qué pasóu naquela reunión, pero o meu avó, que non estaba casado coa muller que tivera xa un fillo, casóu xa cando viña de camiño o terceiro! e casóu cunha Tenreiro!
Entre os Lago, García, Tenreiro e Seoane xuntaban un patrimonio territorial que lles daba para vivir e axudar a vivir a outros. A miña bisavoa, por parte dos Seoane, tivo 22 fill@s! e iso que era pequeniña, e por riba deu xémeos por tres veces!
Séi que o meu avó seguíu administrando as terras que ficaran ao cargo dos Iohannis de Trasancos, as do coto do mosteiro de Caaveiro e as do mosteiro de San Martiño de Xuvia, e que viaxaba até Asturias e Chantada, que se adicaba a vender madeira, pero non séi máis. No entanto, na casa matriz, convertida nunha casa de postas, logo con tenda e unha parte adicada a dar comidas, que xa no século XX estaba pechada.. O maior dos irmáns, batizado como a tradición familiar ordeaba co nome de Claudio, tiña unha tenda un pouco lonxe, e non séi se o segundo ou terceiro, Eduardo, levaba o forno e a tenda cando eu era pequena, do resto somentes quedaban as instalacións, ainda co mobiliário, pero sen actividade.
¡En fin, que, cando escomencéi a repasala historia para escrebelo libro, decatéime do valor que ten a nosa cultura e o noso patrimonio, herdado dos nosos antepasados, e do pouco que tiñamos en consideración a xenerosa herdanza, que tanto lles costou conservala!
Entón descubrín que, entre o mundo profesional da Historia, había como dous grupos, uns pechados e outros abertos, uns beneficiados e outros cáseque "malditos", e algunhas teorías escomenzaron sela miña guía, coa pregunta ¿somos realmente herdeiros directos daquel povo prehistórico que ainda non se sabe ben cómo se chamaba?
Entón escomencéi a investigar e atopeime con referencias sobor dun señorío Real, é dicir, terras que pertencían á Casa do Rei, e que San Martiño de Dume referenciaba como Tudosia, e que Manuel Murguía transcribíu como Tudosia ou Tudesia. En páxinas web atopei ao avó do rei Witiza, referenciado coma Hermes Egilón I de Tude, princeps de Tudesia. A partir dese ponto, seguín as pistas da Casa de Coimbra, atopando moitas cousas.
Cando me invitaron a participar no Colóquio Internacional de Boticas, pillóume de sorpresa, eu estaba metida no sector turístico, pero acadara o libro prometido a don Xoan e xa o rexistrara, polo que apresentéi unha ponencia que nen sequera tiven tempo de amosar polo tempo, pero o pouco que recolleu o público asistente parece que gustóu! Non así a certas persoas. Durante dous anos me tiveron na Wikipedia, sen mo decir, polo que tampouco me poiden defender, agora sí, apreséntovos tódala información que se debería publicar antes de criticar, vituperar e descalificar, porque o traballo fíxenno co ánimo de axudar a outros profesionaes, non de acadar con eles!



http://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&frm=1&source=web&cd=1&ved=0CF0QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.cm-boticas.pt%2Fnoticias%2Fdefault.php%3Fid%3Ddb&ei=sJkqUJqsBZCxhAe84YGoBw&usg=AFQjCNEwyhUGLxDOs8cWHOtW1FgrmNmcDg&sig2=ivzcAlE3-io0lDJA7O_UkQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario